O colectivo Polaqia faise co Premio Ourense de banda deseñada

Ourense polaqo

20/9/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Premio Ourense de Banda Deseñada, que premia cada ano a iniciativa máis destacada a prol da novena arte en Galicia foi este ano para o colectivo de autores Polaqia. Segundo a Cada da Cultura e mais a Concellaría de Cultura de Ourense, con este premio “quere destacarse a importancia do movemento da autoedición como dinamizador do panorama da banda deseñada galega”. Este recoñecemento chégalle a Polaqia uns meses despois de recibiren o premio ao mellor fanzine no Saló del Còmic de Barcelona.

Máis información no web da Galicia Hoxe; e na ficha de Polaqia

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Polaqia, Ourense, Banda deseñada, Galicia Hoxe...