O colectivo Polaqia fai unha convocatoria aberta aos autores interesados en publicar con eles

Abre Polaqia

30/8/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os autores interesados en publicar as súas creacións co colectivo Polaqia teñen agora unha ocasión para o facer. Este grupo de creadores acaba de anunciar unha convocatoria pública pola que se amosan abertos a recibir todo tipo de traballos, tanto para publicar independentemente como para incluír no fanzine “Barsowia”. Os interesados teñen ata o 31 de outubro para enviar as súas propostas, preferente en branco e negro, e que deberán achegar unha parte do traballo acabada e un resumo do proxecto completo. As condicións para a edición acordaranse con cada autor, e está previsto que para o primeiro semestre de 2008 vexan a luz os primeiros traballos xurdidos desta proposta. Membros do colectivo falarán sobre estee outros proxectos o vindeiro domingo, ás 22 horas no programa “La caraba” de Radio Voz.

A convocatoria en PDF no web de Polaqia; web de La Caraba; ficha de Polaqia

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Polaqia, Barsowia, Culturagalega

Claves