Barro organiza unha mostra sobre o proceso creativo da BD

O IES Número Un do Carballiño celebra tamén unhs xornadas sobre novena arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cartel da exposición Fanzines, do Concello de Barro

Cartel da exposición Fanzines, do Concello de Barro

A biblioteca Municipal de Barro acolle desde onte e ata o vindeiro 30 de abril Fanzines, unha exposición na que se amosa o proceso de creación dunha banda deseñada. No local poden verse bosquexos e debuxos de autores como Kike Benlloch, Sergio Covelo, Álvaro López ou Luís Sendón entre outros. A mostra pode visitarse en horario de luns, martes, xoves e sábado entre as 9 e as 14h, e mércores e venres de 16 e 21h. Ao tempo, tamén o IES Número Un do Carballiño celebra desde onte as súas xornadas de banda deseñada. Unha exposición de obras, unha mostra sobre autores galegos, proxeccións audiovisuais e obradoiros nos que xa participaron Nani García e David Rubín.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballiño, Banda deseñada, Álvaro López, Nani García...