Preséntanse as XXI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

Encontros con autores, obradoiros e cinema completan o programa desta actividade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Casa da Xuventude da Cidade das Burgas acolleu esta mesma mañá a presentación das XXI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Entre o 1 e o 18 de outubro de 2009 diferentes localizacións da cidade acollerán exposicións (David Rubín, Juanjo Sáez, Miguel Brieva ou colectivas de autores galegos), presentacións, obradoiros de creación a cargo do Lab·Ou, e a proxección do filme de animación Vals con Bahir entre outras propostas. A actividade comeza o vindeiro día 1 coa entrega dos premios GZ Crea e do Premio Ourense de Banda Deseñada, que foi este ano para El Patito Editorial.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Ourense, Cine, David Rubín...