A biblioteca pública acolle as III Xornadas de BD de Pontevedra

Pontevedra 3

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O vindeiro luns comezan as actividades da terceira edición das Xornadas de BD de Pontevedra. Organizadas pola Asociación BD Banda coa colaboración da Consellaría de Cultura, o evento contará coa presenza dos tres gañadores do premio Castelao de BD, David Rubín, Antonio Seijas e Jacobo Fernández nunha mesa redonda. Desde fóra de Galicia, Sergio García e os autores de “El Jueves” Albert Monteys e José Luís Martín completan a presenza de autores. O programa inclúe ademais obradoiros de creación e a proxección de filmes. Os actos desenvolveranse na biblioteca pública entre o 3 e o 5 de abril e as exposicións “El Jueves, 30 anos en portada” e “Historias dunha páxina” poderán verse ata o 30 de abril.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Antonio Seijas, David Rubín, Castelao...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares