Comezan as II Xornadas de Banda Deseñada do Concello de Pontevedra, con Carlos Giménez e Luis Durán

Entre Coruña e Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Coas datas mudadas, pero co mesmo entusiasmo, o vindeiro luns día catro comeza a segunda edición das Xornadas de Banda Deseñada do Concello de Pontevedra. Organizadas en colaboración do concello, da Asociación BD Banda e mais da Obra Social de Caixa Galicia, este evento contará coa presenza de autores de nivel estatal coma Carlos Giménez e Luis Durán. Pola banda galega Tirso Cons e Javi Montes achegarán a súa impresión sobre o noso panorama creativo neste campo, mentres unha exposición retrospectiva de BD Banda amosa o traballo que desenvolveu o colectivo nos últimos anos. Finalmente, o crítico Toni Boix analizará os condicionantes da banda deseñada coma "arte bastarda". Ao longo de todo o mes, o local social de Caixa Galicia acollerá proxeccións semanais de filmes baseados en cómics. Un punto de encontro para a BD entre a celebración de Viñetas desde o Atlántico, na Coruña e as vindeiras Xornadas de Ourense.

Máis información no web de BD Banda

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, BD Banda, Concello de Pontevedra, Ourense...