O traballo do colectivo BD Banda con seis números do fanzine homónimo xa na rúa e tres números publicados dunha colección de álbumes ao longo do 2005 foi galardoado co Premio Ourense á mellor iniciativa en banda deseñada. O premio, que convocan nesta décimo quinta edición o Concello e a Casa da Xuventude de Ourense, quixo galardoar deste xeito o labor a prol da promoción de autores do paÃs dun proxecto que “pode dicirse que está consolidado”, segundo sinalou a organización. A entrega da estatua de Manolo Figueras con que está dotado este galardón farase no marco das vindeiras Xornadas de BD de Ourense, que se celebrarán entre os vindeiro dÃas 1 e 15 de outubro.
Máis información en La Voz de Galicia; e na ficha da publicación