O Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia, faise co Premio Ourense de Banda Desñada 2004

Ourense para os arquitectos

O premio á mellor iniciativa galega a prol da banda deseñada que outorgan cada ano o Concello e a Casa da Xuventude de Ourense foi nesta edición para o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) polo Proxecto Terra. Esta iniciativa quere difundir a arquitectura popular e contemporánea así coma a identidade territorial entre os centros de ensino. Entre outros materiais didácticos, o proxecto inclúe a publicación dun álbum realizado por Miguelanxo Prado, “A mansión dos Pampín”, que se distribuirá por escolas e institutos de todo o país. A entrega do premio farase no marco das XVI Xornadas de BD de Ourense, que se desenvolverán entre o día un e o nove de outubro e nas que se poderá ver unha mostra co traballo de Prado nesta obra.

Máis información no web do COAG e nos nosos arquivos