O Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) promove a incorporación da arquitectura á área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria. No marco deste traballo inclúese o novo álbum de Miguelanxo Prado, A mansión dos Pampíns.
O Proxecto Terra concrétase en unidades didácticas, videos, dvds e outros soportes cuxos contidos xiran arredor de tres eixos: a arquitectura popular, a arquitectura contemporánea e mais a identidade territorial. Este é o contexto no que se ambienta a nova historia de Miguelanxo Prado, A mansión dos Pampíns, que se presentará o vindeiro luns 14 de xuño en Santiago de Compostela.
Prado califica de ambicioso o Proxecto Terra e afirma que desenvolveu o seu libro como unha Quotidianía Delirante longa, de 48 páxinas, fuxindo dos convencionalismos das bandas deseñadas didácticas. Para el, os rapaces teñen moi bo insinto e á segunda páxina saben se o que teñen nas mans é bo ou non. O deseñador coruñés subliña que abordou a creación deste proxecto como calquera outro da súa autoría. Animado polo feedback dos profesores de Ética e Ciencias Sociais que usan os seus cómics na aula, pensa que os alumnos e alumnas lerán por si soa esta historia en clave de humor e ironía e despois, nunha segunda lectura os educadores poderán promover unha reflexión e debate sobre o urbanismo, o feismo arquitectónico e os contornos nos que se ubica o trasfondo da obra.
Prado cursou estudos de arquitectura na Coruña antes de comezar a súa carreira na industria da BD. Preguntado se para el esta publicación representa o feche dun círculo aberto entón, sorri, e máis ben, sinala que se trata dunha exploración das complicidades co mundo da arquitectura que sempre teñen existido no conxunto da súa obra.
A Decana do Colexio de Arquitectos, Mª Teresa Táboas, explica que se escolleu a linguaxe do cómic para facer o coñecemento máis ameno aos estudantes e que Prado pola súa proximidade á arquitectura era un autor idóneo. Indica ademais que nas xornadas para profesores de ensino secundario que estes días se están a desenvolver no Museo do Mar de Vigo se incluirá A mansión dos Pampíns.
A presentación pública celebrarase o luns 14 ás once mañá na sede do COAG, na Praza da Quintana. Ás oito da tarde abrirase a exposición que contén todas as páxinas da BD de Prado, quen estará presente en ambas convocatorias.
As rapazas e rapaces poden prepararse para aprender arquitectura porque A mansión dos Pampíns se distribuirá a todos os institutos de ensino secundario de Galicia.