O Colexio Oficial de Arquitectos (COAG) e a Xunta difundirán nos centros de ensino secundario de todo o paÃs material didáctico para educar os alumnos contra o feÃsmo urbanÃstico. A intención dos arquitectos é achegarlles aos estudantes nocións de ordenación e intervención de territorio e instruÃr nunha cultura de respecto á arquitectura popular e a identidade territorial do paÃs. Mentres, no Consello da Cultura Galega desenvólvense estes dÃas as xornadas "A arquitectura desde Cataluña", nas que destacados creadores cataláns analizan a evolución desta disciplina nos últimos anos e a súa relación con outros ámbitos.
Máis información sobre o proxecto do COAG en La Voz de Galicia e no web do COAG; sobre a xornadas de arquitectura no web do Consello da Cultura