O COAG entrega os seus premios de arquitectura a profesionais novos e a proxectos modestos

Proxectos que se escriben con P

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Arquitectos novos, obras modestas, traballos descoñecidos fóra do ámbito mediático foron os destinatarios dos premios de arquitectura que concede anualmente o Colexio de Arquitectos de Galicia. Sete categorías que van desde a rehabilitación (premiando a remodelación da sede da Fundación Luís Seoane por Xesús Creus e Covadonga Carrasco) ata a de decoración e interiorismo (que foi para unha tenda-café na Coruña feita por Juan Ramón Iglesias, Iván López e Víctor Manuel). As imaxes das obras premiadas poderanse ver na sede do COAG a partir de marzo, mes no que tamén se entregarán os galardóns.

Máis información en La Voz de Galicia e no web do COAG

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con COAG, Arquitectura, Luís Seoane, Colexio de Arquitectos de Galicia...