Os premios do Colexio de Arquitectos recaen nesta edición en proxectos feitos na Coruña

Edificios COAG

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O colexio de Arquitectos acaba de fallar os seus premios de arquitectura e os gañadores teñen o denominador común de que as obras galardoadas están na área da Coruña. O novo campo de fútbol do Coirós de Patricia Sabín e Enrique Blanco fíxose co premio na categoría de Nova Planta; o equipo formado polos arquitectos Manuel López Mihura, Sonia Romero e Jose Luis Rei fíxose co seu na categoría de Rehabilitación, mentres que o de Decoración e Interiorismo recaeu en Carlos Quintáns pola reforma dunha tenda de roupa na rúa Picavia. En total foron 49 os proxectos presentados a esta duocédima edición.

Máis información en La Opinión e no web do COAG

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con COAG, Colexio de Arquitectos, A Coruña, Manuel López...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares