O COAG premia a mellor arquitectura do bienio 2018-2020

Entregou os seus galardóns o sábado 25 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Rehabilitación de vivenda unifamiliar en Miraflores (Muros), de Fernández Penedo e Fuertes Dopico.

Rehabilitación de vivenda unifamiliar en Miraflores (Muros), de Fernández Penedo e Fuertes Dopico.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) fixo entrega o sábado 25 dos seus galardóns bienais. Desta volta, a vivenda de nova construción gañadora foi Surfhouse (Miñortos, Porto do Son), concibida por Dosesmas Arquitectos. O campo de fútbol de A Gandareira (Silleda), de Abraham Castro e Carlos A. Pita e o Centro Social en Cornido (Carnota), de Carrasco e Creus foron algunhas das outras obras non residenciais de nova pranta galardoadas. En Rehabilitación, o premio foi para Iago Fernández Penedo e Óscar Fuertes Dopico pola súa xa famosa rehabilitación de vivenda unifamiliar en Miraflores (Muros). Na ligazón adxunta pódense consultar os premios completos e no corpo desta noticia se poden ver as obras mencionadas na noticia.


Surf_house. Fieiro (Miñortos, O Porto do Son). Dosesmas Arquitectos


Campo de fútbol de A Gandareira (Bandeira, Silleda). Castro Neira / Pita Abad


Centro Social en Cornido (Carnota). Carrasco e Creus


Rehabilitación de vivenda unifamiliar en Miraflores (Muros). Fernández Penedo e Fuertes Dopico

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con COAG, Arquitectura, Porto do Son, Silleda...

Claves

Entidades
Conceptos