Cinco proxectos galegos obteñen galardóns na Bienal Española de Arquitectura

Supoñen unha cuarta parte dos premios que se outorgan neste evento

30/6/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: artearquitectura
20 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxes dos proxectos premiados na bienal de arquitectura. Fonte: COAG

Galicia acolle cinco dos vinte proxectos que recibirán os premios Panorama de Obras que se outorgan no marco da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. A rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Miraflores (Muros), a cargo de fuertespenedo arquitectos; a recuperación para aloxamento de construcións tradicionais e antigo estudio de gravación en Albeida (Outes) obra de Alfonso Salgado e Francisco Liñares; o campo de fútbol de A Gandareira, que Abraham Castro Neira e Carlos Alberto Pita Abad desenvolveron en Bandeira; o Banco do Piñeiro de Carlos Seoane en Ribeira e a instalación temporal Tribuna Pública onda Fábrica de Tabacos de A Coruña do estudio Flu-or e Alba González foron as propostas galegas recoñecidas.
As propostas galardoadas foron seleccionadas por un xurado entre 70 finalistas e case 581 presentadas. Para escoller as obras gañadoras atendeuse a "criterios de calidade, pertinencia, vocación social e cultural ou innovación", segundo informa o web da bienal.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves