Unhas xornadas do Consello analizan a proxección arquitectónica de Vigo

Vigo olla ao mar

17/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
“A Arquitectura desde Vigo” é o título das xornadas que comezan hoxe coas que o Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia COAG, pretenden analizar a construción na cidade. Será no Real Clube Náutico desde hoxe ata mañá onde arquitectos como León López de la Osa, Javier Mariño ou Victor Rodríguez Romero ofrecerán en primeira persoa a súa visión sobre o tema. Con esta, xa van tres as xornadas do proxecto “Cultura, arquitectura e identidade”, que pretende achegarse á arquitectura actual en Galicia.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Arquitectura, Consello da Cultura Galega, Identidade...