A Libraría Paz é recoñecida co premio Ourense ao mellor labor no campo da BD

Aquí Paz e agora, gloria

22/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Premio Ourense ao labor máis destacado no campo da banda deseñada foi este ano para a Libraría Paz, de Pontevedra, e o seu encargado Ángel Paz "Cano". Foi este un dos establecementos pioneiros en prestarlle atención á BD no noso país, hai xa dezaseis anos. A organización do premio recoñece o traballo do libreiro e da tenda, "por ser unha das grandes difusoras do medio, percorrendo media Galicia a través de feiras e eventos de todo tipo" e permitindo así o coñecemento da BD en lugares que carecían de establecementos especializados. Tamén lembran a implicación de Cano en iniciativas coma "BD Banda", e insisten no recoñecemento dos libreiros en xeral como un sector fundamental na divulgación da BD. O premio, consistente nunha figura de Manolo Figueras feita para a ocasión, entregarase nas vindeiras Xornadas de Ourense.

A nosa ficha da libraría; máis sobre as Xornadas de Ourense nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Culturagalega, Banda deseñada, BD Banda...