Comezan as XIX Xornadas de BD de Ourense

Tres semanas de cadriños

4/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Co web xa preparado, un novo número do Fanzine da Xornadas listo para descargar e un completo programa, daban comezo onte as XIX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Ata o vindeiro día 21 poderán verse exposicións (Lola Lorente, Carlos Vermut, Pepo Pérez, José Rui, e Diego Blanco, entre outros), conferencias, presentacións e novas propostas de experimentación na novena arte da man do Laboratorio de BD de Ourense. O día 19, ademais, será a entrega dos galardóns do certame GZCrea e mais do premio ao mellor labor no campo da BD, que foi nesta ocasión para o colectivo Polaqia.

Toda a información no web das Xornadas e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Diego Blanco, Banda deseñada, Exposicións...

Claves

Protagonistas
Lugares