Actívase o web das Xornadas de Ourense, con abondosa información sobre o evento que comeza o día 4

Ollar Ourense desde o web

3/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xa está na rede o cartel, o programa completo e fanzine en pdf das XVIII Xornadas de BD de Ourense. O evento, que se desenvolve do 4 ao 22 de outubro contará con mostras do colectivo Polaqia, dos premios Injuve, da serie portuguesa "Black Box Stories", do premio "GZ Crea" e "Castelao" e dos autores Alberto Vázquez, Miguel Porto e mais o dúo Manel Fontdevila Albert Monteys. O evento inclúe tamén unha nova acción do Laboratorio de BD Experimental. Encontros cos autores para sábado 7, presentación de "Vilaverzas" de Robledo do 17 e a entrega de premios o día 20 completan as propostas.

Máis información no web das Xornadas

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Miguel Porto, Castelao, Alberto Vázquez...

Claves

Entidades
Lugares