O Laboratorio de BD desenvolveu nas xornadas de Ourense dous experimentos

Xornadas de experimentación

10/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A realización de tiras de cadriños de xeito colectivo a partir de palabras e a confección dunha historia con recortes foron as dúas propostas que o Laboratorio de BD levou o pasado sábado ás Xornadas de Ourense. Autores galegos coma David Rubín, Hugo e Sergio Covelo, Cosme Fernández, Emma Ríos, Alberte Vázquez, Miguel Porto, Brais Rodríguez ou Bernal Prieto compartiron a experiencia con Manel Fontdevila e Albert Monteys, debuxantes de "El Jueves" convidados ás xornadas. O blog do laboratorio anunciou que en breve colgará na rede o resultado destas experiencias.

Máis información no blog do Laboratorio, en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Brais Rodríguez, Emma Ríos, Miguel Porto...