AÃnda está por concretar a experiencia a desenvolver, pero o Laboratorio de BD anunciou xa a súa presenza nas vindeiras Xornadas de Ourense. O sete de outubro, a Casa da Xuventude da Cidade das Burgas acollerá unha presentación das actividades que está a desenvolver esta iniciativa, e segundo a entidade ourensá, "pola tarde organizarase un novo exercicio de estilo colectivo en que participarán diversos autores galegos afiliados a este laboratorio, todos eles creadores inquietos cun gran coñecemento do medio como David RubÃn, Miguel Porto, os irmáns Hugo e Sergio Covelo, Antonio Seijas, Roque Romero ou Cosme". O Laboratorio lembra que a proposta está aberta a todos os autores que queiran participar, aos que se lles agasallará cun lote de BDs. Os resultados da experiencia colgaranse no propio web do Lab•Ou.
Máis información no Blog do Laboratorio , en Vieiros e no noso tema sobre o Laboratorio