As XVIII Xornadas de Ourense terán en Alberto Vázquez, Polaqia e nos autores de "El Jueves" o seus pratos fortes

Ourense para o outono

Unha retrospectiva de Alberto Vázquez, autor do cartel deste ano, é a tarxeta de presentación das XVIII Xornadas de BD de Ourense. Do 4 ao 22 de outubro a Cidade das Burgas acollerá este evento, no que tamén se poderán ver mostras dos traballos publicados no fanzine Polaqia, e mais no Certame INJUVE de Cómic e Ilustración. A obra de Albert Monteys e de Manel Fontdevila, autores da revista "El Jueves" e, como é habitual, unha mostra dos traballos premiados no certame "GZ Crea 2006". Segundo informa a organización, está pendente de se pechar unha mostra de banda deseñada portuguesa. Seguiremos informando.

Máis información en Vieiros e nos nosos arquivos