Pepe Carreiro recibe o Premio Ourense de Banda Deseñada 2003 ao mellor labor na novena arte

Carreiro BD

| Santiago. Redaccción | Seccións: Arte
Compartir:
O Premio Ourense de Banda Deseñada, que recoñece cada ano unha iniciativa ou persoeiro relevante da novena arte en Galicia foi neste 2003 para Pepe Carreiro. O debuxante e humorista gráfico ve recoñecida así unha ampla carreira que abrangue desde o humor gráfico en publicacións coma “Teima”, “A Nosa Terra” ou “La Codorniz” ata álbumes coma a “A retirada de Sir John Moore”, publicada por Xerais. Desde hai algo máis dun ano encárgase de realizar a revista infantil “Bule-Bule”, ademais da súa coñecida serie de contos para nenos “Os Bolechas”. A entrega do premio celebrarase no marco das XV Xornadas de Ourense de Banda Deseñada, que se desenvolverán entre o 3 e o 11 de outubro.

Máis información sobre as Xornadas de Ourense neste tema do día; os gañadores do certame de BD e a ficha de Pepe Carreiro no noso soportal

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Pepe Carreiro, Banda deseñada, Culturagalega...