Tres volumes de Pepe Carreiro servirán para ensinar linguaxe audiovisual aos nenos

Libros de cine nas aulas

22/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Como se fai o cinema”, “Como se fan os debuxos animados” e “Como se fai a televisión” son os títulos dos tres libros do debuxante Pepe Carreiro que se incorporan ao programa “Audiovisual nas aulas”. É dicir, son os libros cos que alumnos de noventa centros de infantil e primaria (o ano pasado foron sesenta) se iniciarán na linguaxe audiovisual. Unha iniciativa que naceu no 2003 e que pretende que os escolares teñan entre as súas materias de estudo as claves que lle permitan entender e descodificar correctamente os productos audiovisuais.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Opinión; sobre “Audiovisual nas aulas” na nosa hemeroteca e sobre Pepe Carreiro no noso soportal de Banda Deseñada

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pepe Carreiro, Cine, Culturagalega, Banda deseñada...