As novas tecnoloxías e a animación incorpóranse á cuarta edición de “Audiovisual nas aulas”

As aulas e o audiovisual (versión 4.0)

9/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Saber que é un plano, unha secuencia, os diferentes tipos de planos, os xéneros audiovisuais e, a partir deste ano, unha páxina web e as ferramentas coas que se fan. Estes son algúns dos obxectivos da cuarta edición de “Audiovisual nas aulas”, o programa promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellaría de Educación que coordina Miguel Anxo Fernández. Entre as novidades deste ano está á iniciación ás novas tecnoloxías, que permitirá a 21 centros crear o seu propio portal web, así como a incorporación de tres volumes de “Os bolechas” de Pepe Carreiro para achegar aos máis pequenos a linguaxe audiovisual. O programa chegará nesta edición a 4.500 alumnos de preto de noventa centros.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia, Animación, Pepe Carreiro, Miguel Anxo Fernández...