Trinta centros incorpóranse ao proxecto “Audiovisual nas aulas”

Alfavisualizar

21/4/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

É o programa educativo para achegar aos rapaces a linguaxe audiovisual e para que poidan ler criticamente as imaxes que ven na televisión. Falamos de “Audiovisual nas aulas” a campaña que pon en marcha a Secretaría Xeral de Comunicación máis a consellaría de Educación, e que este ano presenta a súa quinta edición con trinta novos centros. Un total de 111 colexios recibirán esta oferta que conta con catro fases: iniciación ás novas tecnoloxías (na que farán unha curta co móbil), á televisión (na que elaborarán unha grella televisiva con diferentes xéneros), á animación (coa que farán unha curta de animación) e á linguaxe audiovisual. Ademais, os centros contarán cun sitio web no que poderán ir colgando os seus traballos.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

03/02/2009

Audiovisual nas Aulas

Miguel Anxo Fernández: “A novidade deste ano son módulos de dobraxe e lingua”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Educación, Consellaría de Educación