A Xunta presenta Lingua rodada, un concurso de microrrelatos en vídeo para escolares

Poderán participar centros escolares de entre 12 e 17

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou onte o certame Lingua rodada, co obxectivo de que os rapaces dos centros escolares galegos, de entre 12 e 17 anos, poidan "plasmar a esencia da nosa terra" a través das tradicións, lenda, historia ou natureza, entre outros. Os tres centros finalistas recibirán un curso de formación audiovisual e poderán rodar a súa curta cun equipo de profesionais do audiovisual durante dous días de convivencia no rural. As curtas estrearanse no Festival de Cans deste ano.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Festival de Cans