A dobraxe incorpórase ao proxecto Audiovisual nas aulas

Educación publicará no web a convocatoria para participar no programa

3/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Audiovisual nas aulas é o programa de alfabetización audiovisual para escolares. Comezou hai cinco anos e nese tempo cada ano foi incrementado o número de centros, ampliando e diversificando as actividades. Entre as novidades deste ano está a incorporación ao programa formativo do módulo Dobraxe e Lingua así como un cambio no procedemento para participar. Debido a gran demanda, a Consellaría de Educación fará unha convocatoria pública que marcará os criterios para a selección dos centros. O proxecto está promovido polo Consorcio Audiovisual e a Secretaría Xeral de Comunicación en colaboración coa Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellaría de Educación, Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística