Política lingüística crea un certame audiovisual para escolares

Os gañadores proxectaranse no marco do Festival de Cine de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Promover a lingua e a creación audiovisual. Estes son os obxectivos que persegue o I Certame de Cinema OUFF Escola que hoxe deu a coñecer a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O concurso conta con dúas categorías (infantil e primaria dunha banda e secundaria e non universitarios da outra)e os gañadores recibirán premios de 600, 400 e 300 euros (que son para os centros). Ademais, créase a categoría de mellor guión que recibirá o premio Blanco Amor dotado con 3000 euros. Os gañadores proxectaranse na XIV edición do Festival de Cine de Ourense, que colabora na iniciativa.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Política Lingüística, Festival de Cine de Ourense, Secundaria...