Ourense entrega os premios do concurso escolar no marco do Festival de Cinema

Entregáronse 3.200 euros en metálico e outros tantos en agasallos audiovisuais

Os escolares abarrotaron onte o Auditorio Municipal e sede do Festival Internacional de Cine de Ourense. Non se trataba de meros asistentes, senón dos protagonistas dunha das seccións do encontro, o Concurso “OUF Escola” que pretendía divertir, formar e iniciar aos máis pequenos no mundo audiovisual a golpe de certame. O primeiro premio na categoría de Secundaria foi para o Instituto Europa de Ponferrada pola cita Xemelgos; o gañador da categoría de Infantil e Primaria foi para o colexio de Primaria A Igrexa-Calo de Teo, A Coruña. O premio Blanco Amor ao mellor guión foi para Un propósito constante do colexio de Carballedo de Pontevedra. En total, entregáronse 3.200 euros en metálico e outros tantos en agasallos audiovisuais (cámaras de vídeo, de foto e ordenadores).