O festival de Ourense entrou no ecuador desta edición coa entrega de premios do seu concurso para escolares no que participaron 1.100 alumnos de 57 grupos. Os gañadores foron os CEIP Mester Valverde de Mayo en Mos co seu traballo MaxÃn, na categorÃa infantil, e o IES A Chapela de Redondela con Eu falarei. En realidade os escolares da provincia pontevedresa case acapararon o palmarés desata edición porque gañaron o segundo premio infantil (A tartaruga que querÃa durmir) e o de secundaria (Pedigree do IES Manuel GarcÃa Barros da Estrada). O premio Ponte nas Ondas recaeu nos escolares dun centro de braga por A minha avó…contame-me uma historia. O xurado concedeu unha mención especial ao traballo feito polo CPI Virxe da Saleta con Unha cuestión de educación.