Política Lingüística convoca un certame de curtas escolares

Nós tamén creamos pretende favorecer o emprego do galego nas novas tecnoloxías e no audiovisual

Animar os escolares a empregar o galego nas novas tecnoloxías e mais na creación audiovisual é o obxectivo do programa Nós tamén creamos, que presentaba esta mañá a Secretaría Xeral de Política Lingüistica. O proxecto convoca un certame de curtametraxes de animación que se poderán ver na sección inantil do web da CRTVG. Os centros que queiran participar no programa recibirán material e formación para desenvolver as súas curtas. As tres gañadoras emitiranse na CRTVG.