O deputado do BNG Francisco Rodríguez lembra a importancia da banda deseñada na nosa cultura nunha sesión do Congreso

BD no hemiciclo

O Congreso dos Deputados debatía onte unha proposta do Grupo Socialista sobre a creación dun premio estatal dedicado á banda deseñada. Durante o debate correspondente, o deputado do BNG Francisco Rodríguez explicou a moción que presentara solicitando que a promoción desta arte teña en conta as especificidades culturais das distintas autonomías. Na súa intervención, Rodríguez fixo un rápido repaso polos principais fitos da BD na nosa cultura, salientando figuras coma Xaquín Marín, Miguelanxo Prado ou Pepe Carreiro e iniciativas coma BD Banda, a AGPI as Xornadas de Ourense ou o grande éxito de público que é Viñetas desde o Atlántico. Durante o mesmo debate, tamén a vicepresidenta do Congreso Carmen Chacón mencionou a importancia do traballo de Prado e ata falou de "Os Bolechas" de Pepe Carreiro, como banda deseñada.

Pódese ouvir o debate completo neste web; máis información no web de BD Banda e en La Cárcel de Papel