A editorial FaktorÃa K presentará a súa "Colección BD Banda" dentro da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, considerada a máis importante do sector. O director da colección, Kiko da Silva, anunciou que tentará establecer contactos para exportar as obras xa editadas e mesmo os proxectos desta liña. Ao tempo, desde Toxosoutos confirman que tamén participarán no evento e que levarán entre os seus produtos a serie "Os Barbanzóns" de Pepe Carreiro.
Máis información en La Voz de Galicia, no web da Feira do Libro e no web de BD Banda; máis sobre as BDs de Toxosoutos na súa ficha