Toxosoutos presenta, "A noite de Samaín", terceiro volume da serie Os Barbanzóns

Ao Samaín dos Barbanzóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Aínda que ao final non foi polo Samaín, senón xa case chegando ao Nadal, os Barbanzóns voltan ás nosas librarías coa súa terceira aventura. A editorial Toxosoutos presenta o vindeiro luns vinte e seis "A noite de Samaín", un novo volume da serie que realiza Pepe Carreiro. A presentación será no Centro de Interpretación do Castro de Baroña (Porto do Son), ás 12:30 da mañá. Canda ao autor, participarán no evento Xosé Agrelo Hermo, director da editora e mais Xoán Pastor Rodríguez, edil de cultura.

Máis información no web de Toxosoutos e mais nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Toxosoutos, Pepe Carreiro, Nadal, Culturagalega...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos