O primeiro álbum de “Os Barbanzóns”, de Pepe Carreiro chega aos 2.500 exemplares mentres preparan a terceira entrega da saga

Dous milleiros de barbanzóns

“Baroña ou morte”, o álbum co que Pepe Carreiro abría hai xa un ano a serie “Os Barbanzóns” que publica a editorial Toxosoutos, vendeu neste tempo dous mil quiñentos exemplares, segundo informaba esta fin de semana “La Opinión”. Os responsables da editorial amosaron a súa satisfacción polas cifras de vendas, e consideran que o lanzamento do segundo número serviu como reclamo para o primeiro, que tivera unha tirada de dez mil exemplares. Está xa en marcha a edición de “A noite de Samaín”, unha nova entrega da serie que está prevista para o mes de maio. Mentres, editora baralla a posibilidade de publicar en inglés estes albumes e de reducir a periodicidade da serie a un só volume anual.

Máis información no La Opinión e no noso tema sobre a serie