Comezan as actividades de BD no Salón do Libro

Obradoiros, clases maxistrais e mesas redondas compoñen o groso do programa

9/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A primeira sesión do Seminario de achegamento á banda deseñada para ensinantes abre esta tarde as actividades que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra lle dedica á BD esta semana. A este seminario, que se prolongará ata o venres en horario de tarde, seguiranlle polas mañás os obradoiros de creación destinados a centros de ensino. O venres, unha mesa redonda reunirá a Pasqual Ferry, David Rubín e Fran Bueno para falar sobre Os superheroes: BD para rapaces?. Durante o sábado desenvolveranse as clases maxistrais de Ferry, Max e Miguel Rocha, e na noite, os dous últimos debaterán con Jacobo Fernández sobre BD e Literatura. De xeito paralelo a estas actividades o Pazo da Cultura de Pontevedra tamén acolle a exposición Personalidades múltiples na que amosa a relación entre cómic e ilustración para diferentes autores.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Jacobo Fernández, Fran Bueno, David Rubín...