O Concello de Cangas presentaba esta mañá o programa da XIV Edición do Salón do Cómic que se celebra nesta vila do Morrazo. O evento, que se desenvolverá entre os dÃas 23 e 31 deste mes, contará coa presenza de Bartolomé Seguà e Felipe Hernández Cava, gañadores do Premio Nacional de Cómic 2009. Canda a eles, Kike Benlloch e David RubÃn amosarán o seu traballo Uxio Novoneyra: A voz herdada, Fran Jaraba falará sobre a edición en castelán e De sangre y ron mi Cuba e Jacobo e Norberto Fernández encargaranse de obradoiros de creación para os máis novos. Canda a isto, unha exposición sobre as Cantigas de Santa MarÃa como obra de Banda Deseñada, outra sobre os autores da revista BD Banda, presentacións, mesas redondas e diferentes actividades nos centros de ensino do concello fan parte do programa. Logo das dúbidas sobre a continuidade no evento, a Asociación BD Banda foi a responsable de coordinar as actividades que se desenvolverán este ano.
Programa do XIV Salón do Cómic de Cangas.