O Museo Interactivo da Historia de Lugo aposta por artistas locais

8Mihl amosará o traballo de parellas de creadores de diversas disciplinas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Museo Interactivo da Historia de Lugo aposta por artistas locais

Pintura, escultura, creación multimedia, fotografía, ilustración e banda deseñada daranse cita no Museo Interactivo da Historia de Luga no marco do proxecto 8Mihl. A proposta, que se presentaba esta fin de semana na Cidade da Muralla, consiste nunha serie de exposicións quincenais na que participarán parellas de artistas lugueses que desenvolven o seu traballo en diferentes disciplinas. A escultura de Toño de López e a fotografía de Poy abren a iniciativa o vindeiro 6 de febreiro. Quique Muruais, Jojo, Miguel Fernández, Guitián, Leandro e La Cosa Gráfica son os outros nomes que participan no proxecto, que se polongará ata o vindeiro mes de abril.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Museo Interactivo da Historia de Lugo, Miguel Fernández, Exposicións...