O Morrazo homenaxea a Manuel María con tres días de actividades culturais

Península Manuel María

Trinta e cinco entidades participan e colaboran nos actos da “Homenaxe do Morrazo ao poeta Manuel María” que se van celebrar os días 21, 22 e 23 de abril no Auditorio Municipal de Cangas. Unha mesa redonda a cargo de intelectuais e escritores amigos coñecedores da súa obra abrirá o programa o xoves 21, nela participarán Manuela Álvarez, Xosé Vázquez Pintor, Bautista Álvarez, Miguel Anxo Fernán Vello, Bernardino Graña e Pilar Fernández. O venres farase un recital poético da obra de Manuel María que contará tamén coa participación do gaiteiro Iván Costa Blanco e a Coral Polifónica de Bueu. O sábado a xornada de homenaxe será musical e participarán Na Virada, Tino Baz, A Quenlla, Xavier Blanco, o grupo de baile Axoúxeres- Meiramar e os Grupos tradicionais de Gaitas Manxadoira e Tromentelo.