Actos poéticos e musicais homenaxean na Coruña a Bernardino Graña

Unha vintenta de creadores participan neste encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Actos poéticos e musicais homenaxean na Coruña a Bernardino Graña

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega, organizan este sábado (1 de setembro) gunha homenaxe a Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932). Un recital poético-musical, contacontos e lecturas dramatizadas, unha travesía en barco e unha marcha gaiteira son algunhas das actividades previstas para honrar ao chamado “Poeta do mar” e un experto do relato tradicional, que marcou a súa longa traxectoria literaria. Graña foi unha peza destacada na creación do grupo Brais Pinto (1958) e na fundación da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi o seu primeiro presidente.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bernardino Graña, Escritores, Lingua galega, Real Academia Galega...