O Morrazo homenaxea esta semana ao poeta Bernardino Graña no seu aniversario

Homenaxe ao poeta do mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A capital da península do Morrazo acollerá esta semana múltiples actos artísticos de homenaxe ao escritor Bernardino Graña (Cangas, 1932) coincidindo co seu 75 aniversario. A Asociación Cultural A Cepa encabeza a organización destes eventos cos que pretenden devolver ao poeta algo do que el ten feito polo Morrazo a través da súa vida e da súa obra. A celebración comezará este xoves cunha cea coincidindo coa súa data de aniversario e seguirán o venres e sábado con múltiples actividades literarias, musicais e teatrais na que será una das homenaxes máis importantes feitas no país a un poeta vivo. Tamén para a próxima semana está prevista a saída do prelo dun libro de homenaxe a Graña por parte de Edicións Xerais.

Máis información en Faro de Vigo e no portal da AELG. E sobre Bernardino Graña en LG3

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morrazo, Bernardino Graña, Cangas, Culturagalega...