Museo do Mar Bernardino Graña é o nome do proxecto que anunciaron esta fin de semana representantes de Costas do Estado e mais do Concello de Cangas. As naves de Ojea, en Cangas, recentemente destruÃdas por un incendio é a localización seleccionada para este novo equipamento, carente aÃnda de proxecto museográfico e de fondos económicos. O alcalde, Enrique Sotelo, sinalou que o centro acollerá o material existente na vila sobre a industria conserveira, a caza da balea, as confrarÃas relixiosas e outros contidos. A figura do poeta Bernardino Graña e a súa obra vencellada ao mar completarán a orientación do proxecto.
Con este anuncio verifÃcase o abandono do antigo proxecto de crear un Museo da Balea nesta vila nas antigas instalacións da fábrica Massó, que se verán afectadas polo polémico proxecto de urbanización desta zona do porto.