Bernardino Graña, o poeta do mar, ingresa na Real Academia Galega

Ocupa a vacante de Constantino García, que finou no 2008

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Bernardino Graña, o poeta do mar, ingresa na Real Academia Galega

No seu Cangas natal, Berdardino Graña (cangas do Morrazo, 1932) leu este sábado o discurso de ingreso na Real Academia Galega. O chamado “Poeta do mar” leu un texto titulado “Contos populares e Rosalía” co que aproveitou para falar do relato tradicional, que marcou a súa longa traxectoria literaria. Graña foi unha peza destacada na creación do grupo Brais Pinto (1958) e na fundación da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi o seu primeiro presidente. Ramón Lorenzo, catedrático de Filoloxía Galega, foi o encargado de darlle a réplica no seu discurso de acceso.

Que che parece esta nova?
135 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Cangas, Bernardino Graña, Constantino García...