Chus Pato ingresa na Real Academia

A Fundación Euseino? acollerá un fondo de manuscritos da autora

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Chus Pato. Fonte: RAG

Chus Pato. Fonte: RAG

O IES Otero Pedrayo de Ourense acolle este sábado 23 a sesión extraordinaria da Real Academia Galega na que a poeta Chus Pato se integrará na entidade como membro numerario. Pato, que ocupará a cadeira que quedou vacante tras o pasamento de Xosé Fernández Ferreiro, lerá na sesión o discurso titulado Baixo o límite. Francisco Fernández Rei será o encargado da resposta en nome da institución.

En paralelo, a Fundación Euseino? anunciou que recibiu a doazón de 14 cadernos manuscritos da autora, que é padroeira desta entidade. O fondo supón o comezo do Arquivo Euseino? de Documentación Autorial, do que tamén forma parte o fondo documental de Carlos Lema, e que pretende se "un arquivo dixital para a preservación de obras literarias e filosóficas e documentación autorial en soporte electrónico, ou informático, fornecendo o seu acceso libre a través da Internet".

Segundo adianta a entidade "o Fondo Chus Pato está constituído por catorce cadernos profusamente manuscritos pola poeta, cadernos nos que se recollen as anotacións que acompañan a xénese de obras coma Fascinio, m-Talá e Carne de leviatán e que abranguen un período que vai de 1991 a 2013. Ademais destes cadernos, o Fondo documental da autora de Secesión está formado pola correspondencia electrónica completa mantida con Carlos Lema ao longo de dez anos de amizade".

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chus Pato, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Fernández Ferreiro, Francisco Fernández Rei...