Xosé Fernández Ferreiro entra na Real Academia

Ocupa a vacante provocada polo falecemento de Francisco Fernández del Riego

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Fotografía de Xosé Fernández Ferreiro

Fotografía de Xosé Fernández Ferreiro

O plenario da Real Academia que se celebrou o pasado sábado acordou aprobar o ingreso do escritor Xosé Fernández Ferreiro como novo membro numerario da institución. Fernández Ferreiro ocupará a vacante provocada polo recente falecemento de Francisco Fernández del Riego. O novo académico ten unha longa carreira literaria con obras como Morrer en castrelo de Miño ou A morte de Frank González e foi recoñecido con galardóns como o Xerais de Narrativa ou o Losada Diéguez. A elección de Fernández Ferreiro prodúcese do medio de reclamacións dunha maior presenza de mulleres na RAG por parte de iniciativas como O xogo das cadeiras que xa publicou unha nota de protesta pola aposta da RAG a prol dun home.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Fernández, Francisco Fernández del Riego...