O pleno que celebrou este sábado Real Academia Galega foi sen dúbida intenso. Para alén da elección de Carlos Casares como homenaxeado no DÃa das Letras Galegas 2017, a institución elixiu a Marilar Aleixandre como membro de pleno dereito. A escritora e catedrática de Didácticas das Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago de Compostela ocupará, tal e como estaba previsto ao ser a única candidatura presentada, a vacante que se produciu logo do falecemento de Xosé Neira Vilas. Segundo destaca a institución Aleixandre "foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias: foi coautora dos dous primeiros textos de ciencias naturais en galego e doutros moitos materiais, itinerarios, artigos e ensaios sobre o ensino das ciencias. Na actualidade, a súa liña de investigación é a argumentación, o uso de probas e o pensamento crÃtico no ensino das ciencias, mediante análise do discurso. Neste campo é autora dalgúns dos artigos máis citados internacionalmente sobre o tema".
En paralelo, oficializouse tamén a candidatura en solitario de Chus Pato para ocupar a vacante provocada polo falecemento de Xosé Fernández Ferreiro. A institución destaca a autora como "unha das voces poéticas máis vangardistas e persoais da literatura contemporánea. A súa obra, rupturista cos modelos tradicionais de poesÃa, desenvolve unha temática caracterizada por un ton reivindicativo e de denuncia social, na que a mirada feminista ten unha importancia especial, e incide no expresionismo culturalista clasicista".
Na mesma xuntanza, a RAG acordou tamén o nomeamento de Clodio González Pérez como académico correspondente da institución.