Este sábado o plenario da Real Academia Galega oficializou o nomeamento de Chus Pato como membro de número desta institución. A poeta era a única candidatura que se presentara para cubrir a vacante de Xosé Fernández Ferreiro, falecido en decembro do pasado ano. O comunicado da entidade destaca da autora a súa "frutÃfera traxectoria poética e artÃstica na que, sen esquecer un arraigado compromiso ético coa condición feminina e co paÃs, desenvolve unha voz renovadora, rupturista cos modelos tradicionais". Ademais, salienta que "a súa é unha das voces poéticas máis vangardistas e persoais da literatura contemporánea desde os anos 80 do século pasado, recoñecida tanto en Galicia como alén das nosas fronteiras".
Na mesma xuntanza, o plenario acordou o nomeamento como académico correspondente de Clodio González Pérez, autor dun importante labor de investigación nos campos da historia e da etnografÃa que xa foi recoñecida con diferentes galardóns.