Unha versión da historia sagrada dálle a Bernardino Graña o Premio Eixo Atlántico de narrativa

Traballos que gañan premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Esta fin de semana Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) recibía o premio do Pen Clube Galicia e hoxe volve saltar á palestra por outro premio literario. Precisamente o Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa dotado con 15.000 euros e que lle acaban de entregar polo libro "Protoevanxeo do neto de Herodes". Por outro lado, "A terra que quere pobo" de Xosé Luís Barreiroacaba de gañar a III edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que convoca a Editorial Galaxia co patrocinio de Unión Fenosa. E por último, Celso Castro (A Coruña, 1962) é o gañador da sexta edición do premio que a editorial Ópera Prima crea para novos narradores coa súa novela "Domésticos".

Máis información sobre os premios para Bernardino Graña e Celso Castro en La Voz de Galicia e sobre o premio Ramón Piñeiro de Ensaio para Xosé Luís Barreiro no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bernardino Graña, Eixo Atlántico, Narrativa, Atlántico...