Un ensaio sobre o individuo e a posmodernidade faise co premio Ramón Piñeiro de ensaio

Posmodernidade para Piñeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A autora novel Rebeca Baceiredo, de vinte e seis anos, fíxose coa cuarta edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. "O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo" é o título do traballo que será publicado o vindeiro ano por Galaxia. Segundo asegura Carlos Lema, secretario do Xurado, a obra "mostra unha ambición totalizadora moi grande para analizar o papel do individuo na sociedade contemporánea, e combina a neurobioloxía con todo o que é a análise dos medios de comunicación e como iso inflúe na percepción que ten o individuo do mundo".

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Ramón Piñeiro, Rebeca Baceiredo, Medios de comunicación...