A Xunta propón unha reforma que lle conceda maior autonomía ao centro Ramón Piñeiro

Reformar o CIRP

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades depende, a día de hoxe da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Pero segundo recolle hoxe a prensa, o goberno galego estuda acometer unha reforma que vai desde a súa estrutura interna ata a xestión, que lle concederá máis autonomía e axilidade para o desenvolvemento das súas funcións. Esta é a intención que avanzou o presidente da Xunta, quen asistiu, por primeira vez, á xuntanza da comisión reitora. Unha comisión á que se incorporou o profesor Ramón Maiz, para ocupar a vacante deixada por Sixto Seco no centro.

Máis información en Galicia Hoxe e enLa Voz de Galicia eVieiros

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Centro Ramón Piñeiro, Vieiros, Política Lingüística...